+34 600 426 646 cfl@cop.es
Select Page

“Para educar é necesaria a tribu enteira”

 

“Se queres chegar rápido, camiña só/soa.
Se queres chegar lonxe, vai acompañada/o”

CRISTINA FARIÑAS, PSICÓLOGA

Estes dous proverbios resumen a miña forma de traballar e a miña maneira de sentir e de estar no mundo. Logo duns anos inmersa no competitivo mundo empresarial do que levei unha intensa aprendizaxe, decido que é o momento de seguir o meu propio rumbo, grazas á transformación profunda que me brinda a miña maternidade. Toda a formación e investigación que levei a cabo durante anos, dirixíronme irremediablemente cara o ámbito perinatal. O proceso emocional durante o embarazo, o parto e o acompañamento na maternidade/paternidade e a crianza, centran parte do meu traballo como psicoterapeuta (EMDR). Actualmente compaxino a psicoterapia coas outras áreas que durante anos tanto me teñen ensinado: a orientación e  o acompañamento no emprego e o desenvolvemento profesional, e a loita pola Igualdade e a Prevención da Violencia Machista. A colaboración e o feminismo son os grandes pilares do meu traballo. Fago o que me gusta, sempre rodeada das mellores persoas tanto pola súa excelencia profesional como pola súa calidade humana. Col. Nº G-3079 / Rexistro Sanitario C-36-002204

PSICOLOXÍA PERINATAL

A Psicoloxía Perinatal, é o ámbito da psicoloxía que aborda o momento vital que se da arredor do nacemento. Desde a preconcepción, pasando polos procesos emocionais e psicolóxicos do embarazo, ata o parto, o postparto e o puerperio e crianza máis temperá. A Psicoloxía Perinatal aborda, entre outras, as dificultades na concepción, o medo ao parto ou partos traumáticos, o dó e procesos de perda e apoio na crianza inicial. Ademáis da abordaxe destes aspectos no ámbito clínico e da psicoterapia, apaixóame colaborar en obradoiros coas familias nos que todas e todos aprendemos e reforzamos o noso papel na crianza. Entre outros, os obradoiros que imparto con maior frecuencia e que maior interese suscitan son:

  • As emocións no embarazo: cambios a nivel emocional e psicolóxico
  • Parir sen medo
  • O sono infantil
  • Lactancia materna
  • Educar sen berros nin castigos
  • Necesidades emocionais do/a bebé
  • As rabechas como etapa evolutiva.

PSICOTERAPIA E TERAPIA EMDR

O EMDR, as siglas en inglés de Desensibilización e Reprocesamento a través dos movementos oculares, é un tipo de terapia avalada pola OMS e as Guías internacionais para o tratamento do trauma. Un trauma é una “ferida psicolóxica” que pode ser causada por diferentes situacións. Este enfoque centrado na persoa, estimula os mecanismos de curación propios das seres humanos facilitando que o cerebro procese axeitadamente a información, de xeito que se reducen os síntomas, as crenzas mudan e a persoa acada un funcionamento mellor na súa vida cotiá. O EMDR resulta útil para abordar as dificultades emocionais debidas a experiencias difíciles na vida das persoas promovendo a mellora na súa vida.

IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O traballo que realizo neste ámbito é en dúas liñas:

  • A asistencia e psicoterapia con mulleres como víctimas de violencia machista na parella, violacións e abuso sexual, e mulleres víctimas de trata con fines de explotación sexual
  • A docencia.
    • Igualdade en entornos laborais e profesionais
    • Programas con colectivos xuvenís (Pisando Forte do Concello de Pontevedra)
    • Programas de Empoderamento feminino (Mullerazas de Arousa do Concello da Illa de Arousa)
    • Programas de Empregabilidade para Mulleres (Asociación APICO)

Colaboro con entidades locais, na intervención e recuperación integral de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Equipo 4Sequoias

Se queres coñecer parte do traballo que estou a desenvolver agora, visita a páxina cuatrosequoias.es

CONTACTO

Rúa Michelena 11, 3º.

36002 Pontevedra

Tlfno. 600 426 646.

cfl@cop.es

Michelena11, 3º