mulleres

MULLERES

Esta problemática específica e complexa que nos afecta a nós as mulleres e á toda a sociedade en xeral, ocupa boa parte do tempo da intervención en terapia. A violencia de xénero, as agresións e os abusos sexuais contras as mulleres e a violencia obstétrica, ocupan boa parte do meu tempo. A abordaxe neste ámbito sempre é, na medida do posible, dende unha perspectiva multidisciplinar e en colaboración directa con profesionais doutros ámbitos, xa que é especialmente importante traballar dende unha perspectiva ampla, dende o individual, ao familiar e o social.

Tamén participo en diversos programas a través de organizacións de axuda específica (para mulleres en situación de violencia de xénero, mulleres prostituidas e vítimas de trata con fins de explotación sexual, persoas dependentes e homes con problemas de control da ira), coa finalidade de reparar e diminuír o imparto derivado destas situacións coa finalidade de mellorar a saúde.