Cristina Fariñas

Entusiasta das persoas e de construír en equipo.
A miña ferramenta, a psicoloxía
Rexistro Sanitario C-36-002204

SOBRE MIN

“Para educar é necesaria a tribu enteira”

“Se queres chegar rápido, camiña en soidade. Se queres chegar lonxe, vai en compañía ”

Estes dous proverbios resumen a miña forma de traballar e de estar no mundo. Logo duns anos de diferentes experiencias en diferentes organizacións, decido tomar un camiño propio da man da miña maternidade. Canto lle teño agradecido a esta experiencia vital como nai xunto a outras familias que fun coñecendo ó longo do camiño. Como tamén lle teño agradecido a outras experiencias de todo tipo.

Sinto que estou, onde a experiencia e a aprendizaxe me levaron. Fago o que me gusta e me move, grazas a todas e cada unha das persoas da miña rede, coas que teño a sorte de contar tanto a nivel profesional coma persoal. Os valores son os meus pilares, e a psicoloxía a miña ferramenta de traballo.

Apaixóname o que fago, e fago o que me apaixona.

Col. Nº G-3079 / Rexistro Sanitario C-36-002204

PSICOTERAPIA

PSICOTERAPIA
E TERAPIA
EMDR

A terapia EMDR é un tipo de abordaxe empregado en psicoterapia, que conta cunha ampla investigación científica que avala a súa eficacia en diferentes trastornos e dificultades.

PSICOLOXÍA
PERINATAL

A Psicoloxía Perinatal, é o ámbito da psicoloxía que se interesa por los aspectos psicolóxicos e afectivos que van dende a preconcepción, ata a concepción e o embarazo, o parto e o postparto e a crianza temperá.

MULLERES /
DIVERSIDADE

Dende que son ben pequena, a problemática específica que sufrimos as mulleres polo feito de selo e en xeral todas as persoas que non se rixen polos mandatos de xénero como constructo social, fixeron que adicara e siga adicando, tanto a nivel profesional coma persoal, unha parte importante da miña vida a loitar por un mundo mellor.

PROXECTOS

Dirección