PSICOTERAPIA
E TERAPIA EMDR
Dentro da psicoterapia, o EMDR (Desensibilización e Reprocesamento a través dos movementos oculares), é un tipo de abordaxe avalado pola OMS e as Guías internacionais para o tratamento do trauma, e que conta cunha ampla investigación científica para o tratamento de diferentes trastornos. Un trauma é una “ferida psicolóxica” que pode ser causada por diferentes motivos e situacións. O EMDR se centra na persoa e actúa estimulando os mecanismos de curación propios que temos os seres humanos facilitando que o cerebro procese axeitadamente a información, disminúan os síntomas, muden as crenzas negativas e a persoa acade un mellor funcionamento na súa vida cotiá.
O EMDR resulta útil para a abordaxe das dificultades emocionais debidas a experiencias difíciles na vida (fobias, ataques de pánico, acontecementos traumáticos na infancia, accidentes e desastres naturais…), e como apoio en diferentes situación da vida cotiá (falar en público, rendemento no traballo ou no deporte, etc.). Este enfoque terapéutico, consiste en comprender o efecto de diferencias experiencias na patoloxía, e procesalas de xeito adaptativo a través de procedementos estruturados que inclúen movementos oculares e outras formas de estimulación bilateral. Esta terapia, conta cunha evidencia científica ampla na abordaxe de diferentes problemas clínicos.
O EMDR resulta axeitado para traballar tanto con poboación adulta como con poboación infantil e adolescente. A infancia e a adolescencia son etapas da vida nas que somos especialmente vulnerables aos acontecementos traumáticos e nas que, situacións que resultan ordinarias na madurez, poden ser experimentadas como ameazantes e ter un impacto importante. Isto pode ter efecto no desenvolvemento e xerar deterioro funcional. Na etapa adulta os traumas poden alteran a organización do cerebro, e na infancia, o desenvolvemento da mesma.
O EMDR tamén, resulta axeitado en situacións de emerxencia, para estabilizar á persoa e que esta poida experimentar certa sensación de alivio.