PSICOLOXÍA PERINATAL

PSICOLOXÍA
PERINATAL

A Psicoloxía Perinatal é o ámbito da psicoloxía que atende especificamente os procesos emocionais e psicolóxicos que se dan arredor da concepción, a natalidade e a crianza temperá. Estes abarcan dende a preconcepción (problemas de fertilidade e procesos de reprodución asistida), o embarazo (depresión e ansiedade, cambios psicolóxicos e emocionais), o parto (medo ó parto, parto traumático) e postparto e puerperio (perda xestacional e perinatal, morte e dó perinatal, depresión postparto), e acompañamento e apoio na crianza temperá de 0 a 3 anos (adaptación á maternidade e paternidade, vínculo e apego).

Que a atención especializada na etapa perinatal chegue a estar normalizada e integrada na saúde, é un dos obxectivos do meu traballo neste ámbito. Ademais de traballar en intervención psicolóxica neste ámbito, na actualidade formo parte de Asociacións como “El parto es nuestro” ou asociacións profesionais coma a “Asociación Española de Psicología Perinatal”. Ademais, levo anos colaborando cunha asociación de lactancia materna na que participo activamente.  

Ó longo destes anos, levo compartido con profesionais e familias obradoiros e formacións en este ámbito, onde a aprendizaxe colectiva toma especial relevancia respecto á individual.